SESIÓN PÚBLICA DE TOMA DE POSESIÓN DE F.JAVIER CARBALLO GARCÍA DA CADEIRA Nº24 DE ACADÉMICO CORRESPONDENTE.OURENSE.20.11.2025

No I.E.S. Otero Pedrayo (Ourense), tomou posesión o día 20 de novembro de 2025, da cadeira número 24 de académico correspondente nacional, o Dr.Francisco Javier Carballo García, cunha ponencia titulada "Nicolas Appert: cando a tecnoloxía Alimentara puido cambiar o rumbo da historia". O novo académico, entregou a ACVG copia do seu discurso impreso para a biblioteca da ACVG e entregou copias os asistentes.

Fomos recibidos polo director do IES, D. Daniel Lorenzo Valdivieso, quen pronunciou unhas verbas de agarimo e agradecemento por acoller este acto no centro que dirixe, como unha mostra máis da apertura á sociedade ourensá e galega promovida pola dirección do IES Otero Pedrayo.

A contestación á ponencia do Dr. Javier, en nome da ACVG, correu a cargo do académico de número fundador Dr. Antonio Crespo Iglesias.

A sesión rematou coas palabras do presidente da ACVG, D. Andrés Hermida, quen deu a benvida ao novo académico á familia da ACVG, glosou o seu destacado currículo e agradeceu a asistencia do resto dos académicos a este acto, celebrado no marco incomparable do salón de actos do IES Otero Pedrayo.

O final do acto, por xentileza do Dr. F. Javier Carballo, ofreceu no claustro do IES, un viño galego aos amigos e compañeiros asistentes.