SESIÓN INAUGURAL DO CURSO ACADÉMICO 2024/2025

O día  de abril de 2024, no Pazo de Fontefiz, sede da ACVG, foi inaugurado o curso académico 2024/2025 baixo a Presidencia de D. Antonio Crespo Iglesias.

Abriu a solemne sesión o Presidente  cunhas palabras de benvida e presentación.

A continuación deuse lectura da memoria de actividades do curso académico pasado, polo Sr. Secretario da Academia, D. José Ramón Justo Feijóo.

CONFERENCIA INAUGURAL

D. Castor José Rivero Martínez, Académico de número, presentou os asistentes ao poñente da conferencia maxistral e compañeiro de traballo e de academia, D. Miguel Fernández, dende as súas etapas que coincidiron no Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia ata a actualidade.

Así pois a conferencia maxistral de inauguración do curso titulada “AS BIOTECNOLOXÍAS REPRODUTIVAS NA CRÍA BOVINA DE GALICIA. UNHA APROXIMACIÓN HISTÓRICA A TRAVÉS DE PERSOEIROS VETERINARIOS”  correu a cargo de  D. Miguel Fernández Rodríguez, Director da Fundación Centro Tecnolóxico da Carne e Académico de número-fundador da Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia. 

A excelente exposición fixo un percorrido da profesión veterinaria ao longo da historia cunha análise pormenorizada da importancia da tecnoloxía reprodutiva dende o século pasado ata ao momento actual en España e en Galicia en particular, para rematar facendo unha homenaxe o compañeiro, Ex Director do Centro de Fontefiz e Académico de Honra D. Francisco Yebra, falecido na pandemia pasada, como o pioneiro das tecnoloxías reprodutivas especialmente no gando vacún en España.

A clausura da sesión inaugural correu a cargo do presidente da Academia, que antes de dar por inaugurado o curso, agradeceu a todos os académicos polo labor desenvolvido en pro da institución e animou á participación dos académicos para desenvolver todo tipo de actividades en favor da Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia.

O remate foi servido un viño galego os asistentes nas instalacións do Pazo de Fontefiz.