No Hospital vello de San Roque, en Santiago,antiga sede da ACVG, tomou posesión o día de decembro de 2025, da cadeira número 25 de académica correspondente nacional, a Dra. Ania Augusta Pino Querido-Ferreira, cunha ponencia titulada "Aplicacións Xenómicas en Veterinaria: do Control Alimentario ao Resistoma — Novas Estratexias fronte aos desafíos do S. XXI".
A contestación á ponencia do Dra. Pino, en nome da ACVG, correu a cargo do académico de número fundador D. Andrés Hermida Trastoy.
A sesión rematou coas palabras do presidente da ACVG, D. Andrés Hermida, quen deu a benvida a nova académica á familia da ACVG, glosou o seu destacado currículo e agradeceu a asistencia do resto dos académicos a este acto, celebrado no marco incomparable de San Roque.
O final do acto, por xentileza da Dra Pino, ofreceu un viño galego aos amigos e compañeiros asistentes.
