Xunta Plenaria Ordinaria da ACVG.Fontao.Lugo.30.10.2025

O día 30 de outubro celebrouse as 18.30 horas, a xunta plenaria anual no salón de actos de Xenética Fontao, S.A.,presidida polo novo presidente da ACVG D. Andrés Hermida Trastoy, contando coa presenza de numerosos académicos, e aprobándose todos os puntos da orde do día por unanimidade. O Secretario Xeral, informou dos orzamentos e liquidacións de gastos en ausencia do tesoureiro Dr. Castor J. Rivero.
Previamente a xunta plenaria, as 17.00 horas, os asistentes,visitamos as instalacións de Xenética Fontao, sendo  recibidos polo seu director e compañeiro veterinario, D. Jesús Vázquez, que nos deu a benvida e agradeceu a nosa asistencia á visita guiada.
D. Javier López Viana,Académico de Número e xefe da Área de Produción e Innovación Tecnolóxica; D. Héctor Areán Dablanca, xefe da Sección de Reprodución; e D. Rubén Francisco Vázquez, veterinario da área de embrións in vitro, guiáronnos nunha visita exclusiva para os académicos e ofreceron unha charla sobre cada unha das súas áreas de competencia, así como sobre a historia desta empresa punteira ao servizo da tecnoloxía reprodutiva en España desde o ano da súa fundación en 1998.