ACTIVIDADES DOS ACADÉMICOS-ALBERTO PORTELA



O Académico Correspondente Alberto Portela recibiu o premio da Academia de Ciencias Veterinarias de Castilla y León polo traballo titulado: “Listeria monocytogenes en platos preparados”, patrocinado polo Consello de Colexios Oficiais de Veterinarios de Castilla y León.
O traballo de Portela trata dunha rigorosa investigación en torno a listeriose, unha doenza que representa unha das maiores preocupacións da seguridade alimentaria, xa que está considerada polos responsables da saúde pública coma un dos perigos biolóxicos mais importantes, pola súa alta taxa de mortalidade, que pode acadar o trinta por cento.

A entrega do galardón tivo lugar en León, o pasado 14 de febreiro de 2018, con motivo da sesión solemne de apertura do curso de 2018 da Academia de Ciencias Veterinarias castelán-leonesa, que presidiu o seu presidente Elías Fernando Rodríguez Ferri.