A Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia (ACVG) felicita a dúas das súas académicas de número electas que, en datas moi próximas, foron nomeadas para cargos de responsabilidade institucional.
Azucena del Carmen Mora Gutiérrez, presidenta do Comité Científico da AESAN
Azucena del Carmen Mora Gutiérrez, profesora da Universidade de Santiago de Compostela, foi elixida presidenta do Comité Científico da Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición (AESAN) na sesión constitutiva do 8 de xuño de 2026 celebrada na Universidade de Granada. O Comité é o principal órgano de avaliación científica de riscos alimentarios do Estado e está integrado por vinte especialistas. A Dra. Mora asume a presidencia por un mandato de tres anos.
Natalia Botana Rey, presidenta de Portos de Galicia
Natalia Botana Rey foi nomeada presidenta de Portos de Galicia mediante o Decreto 62/2026, do 15 de xuño, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia por proposta da conselleira do Mar. Licenciada en Veterinaria, ingresou na Administración pública galega no ano 2000 e conta con experiencia na Dirección Xeral do Mar da Comisión Europea en Bruxelas. Ata agora exercía como xefa territorial da Consellería de Sanidade en Pontevedra.
Felicitación da Academia
A ACVG congratúlase con ambas as compañeiras e fai seus estes nomeamentos, que acreditan a presenza da profesión veterinaria en ámbitos tan distintos como a seguridade alimentaria e a xestión pública portuaria.