INAUGURACIÓN DO CURSO ACADÉMICO 2022 NA SEDE DA EGAP EN SANTIAGO

O tres de marzo de 2022, na sede da ACVG en Santiago, foi celebrada a sesión solemne inaugural do curso académico 2022, presidida por D. Antonio Crespo Iglesias.

Abriu a solemne sesión o Presidente da Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia,cunhas palabras de benvida e presentación.

A conferencia maxistral de inauguración do curso titulada"Comercialización de alimentos por internet. Aspectos sanitarios" correu a cargo do Ilmo. Sr José Luís Factor Rodríguez, Académico de número da ACVG. A anécdota da xornada foi que D. José Luís deu positivo a Covid19 o día anterior a data de celebración e a conferencia foi pronunciada por video.

O diploma ao Mellor Expediente Académico da Licenciatura de Veterinaria en Galicia da Universidade de Santiago de Compostela en 2020/2021 correspondeu a D. Iván Gómez Alvarez que recibiu o Diploma acreditativo de mans do Presidente da ACVG.

A clausura da sesión inaugural correu a cargo do presidente da Academia.