INAUGURACIÓN DO CURSO ACADÉMICO 2023 EN LUGO

O 21de setembro de 2023, na sala de xuntas da Facultade de Veterinaria de Lugo, foi celebrada a sesión solemne inaugural do curso académico 2023, presidida por D. Antonio Crespo Iglesias

Abriu a solemne sesión o Presidente da Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia,cunhas palabras de benvida e presentación os presentes.

A fermosa conferencia maxistral de inauguración do curso titulada"As razas autóctonas na recuperación do rural Galego" foi exposta maxistralmente por D. Castor José Rivero Martínez, Académico de número da ACVG.

O presidente da ACVG, agradeceu a asistencia os compañeiros académicos e deu por clausurada o acto solemne.