José Manuel Cruz López, ACADÉMICO CORRESPONDENTE

José Manuel Cruz López, ingresou omo ACADÉMICO CORRESPONDENTE da ACVG.


A Sesión solemne de toma de posesión do novo académico correspondente, tivo lugar na Facultade de Veterinaria de Lugo,no día 14 de decembro de 2012.

Cruz López pronunciou o seu discurso de ingreso co título:Aportaciones a la intoxicación por cobre en terneros.Factores de variación, que resultou unha clase maxistral sobre a materia.

No transcurso da sesión, tomou a palabra o Académico de Número D.José Luis Benedito Castellote para dar resposta ao discurso do académico entrante, de quen  tamén fixo un prolixo relato dos seus méritos académicos, profesionais e do seu perfil humano.
Rematou a sesión coa clausura do Presidente da Academia,  D. Pablo Díez Baños quen finalmente agradeceu a presenza de autoridades, académicos, colegas e público en xeral.