A Sesión solemne de toma de posesión do novo académico de número, tivo lugar en Santiago de Compostela, no salón de actos da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), na tarde do xoves 19 de maio de 2016.
Justo Feijóo impartiu o seu discurso de ingreso co título: “Politica Agraria Común 2014/2020. Razas autóctonas galegas e coeficiente de admisión de
pastos", no que fixo un
minucioso percorrido pola historia da Unión Europea (UE), para asentar as bases
sobre as que pivotan os sucesivos cambios que se produciron na Política Agraria
Común (PAC), para a continuación, describir os problemas que atinxen a actual tramitación de axudas
PAC por parte dos gandeiros de razas autóctonas.
No transcurso da sesión, tomou a palabra o Académico de Número D. Castor Rivero Martínez
para dar resposta ao discurso do académico entrante, pero previamente glosou os seus méritos académicos, profesionais e humanos, de quen leva colleitado nos últimos 18 anos unha estreita relación no eido das razas autóctonas de Galicia en perigo de extinción.
Rematou a sesión coa clausura do Presidente da Academia, D. José Luis Factor Rodríguez quen finalmente agradeceu a presenza de autoridades, académicos, colegas e público en xeral.