No monumental Pazo de Liñares en Lalín (Pontevedra) tivo lugar a Sesión solemne de toma de posesión do novo académico correspondente, na tarde do xoves 29 de setembro de 2016.
O novo Académico no seu discurso, non se limitou a facer unha análise neutra da preocupante situación que ameaza o futuro do noso medio rural, senon que fai un concienzudo percorrido analizando as perspectivas de distintos sectores como o do leite, a carne, os ovos, o mel, os productos da horta, o viño ou a cervexa, despexando as claves para facilitar os circuitos curtos de comercialización de cada un deles, poñendo exemplos concretos que demostran que novas formas de comercialización son posibles e propoñendo solucións que nalgúns casos precisan incluso de cambios lexislativos que os nosos gobernantes non deberían obviar.
No transcurso da sesión, tomou a palabra o Académico de Número e Presidente da Academia D. José Luis Factor Rodríguez
para dar o discurso de contestación ao académico entrante, de quen tamén
fixo un prolixo relato dos seus méritos académicos e tamén profesionais, no eido
da saúde pública na comarca do Deza, con máis de vinte anos de traxectoria, e tamén do seu perfil humano.
Rematou a sesión coa clausura do Presidente da Academia, e coa degustación de produtos (leiteiros, cárnicos, viños, cervexas artesás,...) da comarca que se están a comercializar por circuitos curtos.
Autoridades que asistiron á sesión |