Santiago
a 13 de maio de 2020
Antonio Crespo Iglesias, como Presidente da Academia de
Ciencias Veterinarias de Galicia, en relación cos contidos emitidos no Programa
81 de Malicia Noticias do pasado día 11 de maio, quero manifestar en nome da
Academia o seguinte:
A ACVG é unha institución científica constituída na
actualidade por 56 veterinarios de recoñecido prestixio que proceden de tódolos
ámbitos da profesión: Universidade, función pública, clínica de pequenos e
grandes animais, empresa privada, etc.
Con data 11 de maio de 2020 emitiuse un desafortunado
programa de “Malicia Noticias” no cal uns desenfornados tertulianos,
seguramente malos aspirantes a humoristas, atrevíanse con frases noxentas cara
a profesión veterinaria como:
“veterinarios loitando contra unha pandemia, ten menos
lóxica que David Bisbal dando clase de filoloxía galega”
“capar unha gata ou meter o brazo polo cu a unha vaca,
tampouco vos convirte en lexionarios”
“veterinarios loitando contra unha pandemia, ¿que será o
próximo? ¿humoristas informando sobre noticias?”.
Desexo manifestar a nosa máis enérxica protesta polo que
consideramos un agravio sen precedentes á profesión veterinaria, cunhas frases
que tanto polo seu tono como polo seu fondo son absolutamente inaceptables,
supoñendo unha absoluta falta de respeto cara a nosa profesión dende o medio
público que é a CRTVG, que debería de estar ao servizo da información veraz e de
interese para a cidadanía.
Esas persoas indocumentadas que facían eses comentarios,
deberían de preparar minimamente o programa informándose aínda que fora so un
pouco das funcións da profesión veterinaria na sociedade actual, que van moito
máis alá do raquítico concepto que eles poden ter, antes de atreverse a
disertar desa maneira.
Sen estenderme moito so indicarlle algúns aspectos
relacionados coa profesión veterinaria que seguramente descoñeza esa xente, que
van máis alá da clínica veterinaria.
Todo o control da alimentación humana, dende que se
produce o alimento no campo ata que chega ata a mesa, dende a horta ata o
prato, está supervisado por compañeiros veterinarios. Nas explotacións
gandeiras, nas fábricas de produtos alimenticios, nos mercados e supermercados,
nos matadoiros e por suposto nos restaurantes (algo que se descoñece pola
sociedade en xeral) lévase a cabo con control veterinario. Curiosamente moitos
medios de comunicación cando entrevistan a técnicos de industrias alimentarias
omiten intencionadamente a palabra Veterinario que pasa a ser “Técnico”, como
si houbera algo que esconder.
As funcións que desenvolve na sociedade a profesión
veterinaria baséanse na súa formación multidisciplinar e abrangue entre outros
o estudo e control das zoonoses como é o caso da COVID 19.
A participación da profesión veterinaria nesta crise
resultou e resulta evidente como controlando todo o abastecemento
alimentario en condicións hixiénicas e sanitariamente correctas. Non procede
esquecer tampouco que a profesión está acostumada a lidiar cos coronavirus de
feito, os problemas que houbo para facer os test, neste caso os da reacción en
cadea da polimerasa (PCR), os principais no diagnóstico, viñeron dados pola
falta de reactivos porque a capacidade de análise deles por parte dos
laboratorios de Sanidade Animal en España sería case inesgotable, sinxelamente
porque se fan miles e miles de probas anuais con distintos coronavirus con un
proceso idéntico de tratamento. Polo que sexa, non se usou esta capacidade de análise.
No caso de Galicia temos o Laboratorio de Sanidade Animal en Lugo.
Neste contexto actual consideramos inapropiado e
inadmisible que se poidan emitir pola TVG contidos tan mal gusto e ofensivos
para os profesionais veterinarios, motivo polo cal esiximos unha rectificación
pública por parte da corporación que vostede dirixe e solicitamos que tome as
medidas para que feitos tan desafortunados non volvan a suceder polo
innecesarios que son e o dano que causan.
Atentamente;
O Presidente da ACVG
Antonio Crespo Iglesias