Mesa sobre actualización de diagnóstico en triquina

Organizada polo Colexio Oficial de Veterinarios de Ourense
Celebrada o pasado mércores 19 de outubro de 2016, na propia sede do Colexio Oficial de Veterinarios de Ourense coa asistencia de gran parte dos facultativos veterinarios con exercicio libre que participan no seguimento das matanzas domiliciliarias de porcos e dos animais abatidos na caza.
A mesa foi moderada polo Académico e Vicepresidente do Colexio, Ricardo Vecillas e interviñeron como ponentes, José Angel Viñuela, Xefe do Servizo de Seguridade Alimentaria, José Luís Factor, Presidente da Academia e Miguel Fernández, Director do Centro Tecnolóxico da Carne.
No curso da mesa redonda plantexáronse todo tipo de cuestións legais e técnicas y acadáronse conclusións cara a mellora futura na aplicación da nova regulamentación europea,
Juan José Gómez, Presidente do Colexio de Ourense e Académico agradeceu aos ponentes pola súa dispoñibilidade e as súas exposicións e a tódolos asistentes pola súa presenza e participación activa.