O Académico Castor Rivero, Doutor en Veterinaria

O pasado venres 11 de decembro de 2015 defendeu a súa tese de doutoramento.

No Salón de Grados da Facultade Veterinaria de Lugo tivo lugar a sesión pública, na que o novo Doutor en Veterinaria, Dr. Rivero Martínez, deu lectura ao seu traballo co título: "Aportacións á caracterización das razas bovinas autóctonas de Galicia en perigro de extinción", co que obtivo a calificación máxima de sobresaínte á espera da resolución de cum laude segundo o novo procedemento normativo.
Resultou nunha excelente exposición, froito do traballo do doutorando no eido dos recursos xenéticos animais, ao que se leva adicado nos últimos anos da súa traxectoria profesional.
Os membros do tribunal da tese, ademáis de mostrar unanimidade no veredicto da calificación, louvaron o excelente traballo de dirección dos Académicos José Luis Benedito e Joaquín Hernández.