IX Conferencia de las Academias de Ciencias Veterinarias de España y 2º encuentro de la Asociación Iberoamericana de Ciencias Veterinarias

O presidente D. Andrés Hermida e  o expresidente,D. José Luis Factor, asistiron a IX Conferencia de las Academias de Ciencias Veterinarias de España y 2º encuentro de la Asociación Iberoamericana de Ciencias Veterinarias,en Madrid, os días 16-17 y 18 de octubre de 2025,xunto coas academias  de Andalucía Oriental, a Sevillana de Ciencias Veterinarias, a de Castilla León, de Cataluña, da Región de Murcia,e da recén constituida del Principado de Asturias, xunto coa Academia Mexicana de Veterinaria y de la Academia Colombiana, así como, por suposto da Real Academia de Ciencias Veterinarias de España.

Tamén, coincidindo con este evento, celebrouse a Asemblea das Academias de Ciencias Veterinarias de España o día 16, na sede da ACVE en Madrid, cos seguintes puntos na orde do día:

O primeiro acto foi a Asemblea, na que se debateron, entre outros, asuntos organizativos e de proxección das Academias e aprobouse a sede da Asemblea de 2026 en Barcelona. A continuación, o Dr. Arturo R. Anadón, Presidente de Honra da RACVE, pronunciou a conferencia “50 Aniversario da Real Academia de Ciencias Veterinarias de España”, na que fixo un repaso polos principais fitos desde a súa fundación ata o momento actual.

As sesións científicas comezaron coa conferencia do Dr. Jesús A. Fernández-Tresguerres, académico da RACVE, quen impartiu unha excelente disertación sobre os “Disruptores endócrinos. Enfoque de ‘Unha soa saúde (One Health)’”, na que destacou o problema da ampla distribución destes compostos no medio ambiente debido á contaminación e os seus efectos adversos sobre a saúde humana.

A segunda sesión, dedicada a distintas perspectivas da actividade veterinaria no marco de ‘Unha soa saúde’, comezou co Dr. Miguel Motas, da Universidade de Murcia, quen analizou as implicacións do cambio climático, os seus desafíos, impactos e detonantes. O Dr. Juan M. Ballesteros, do Ministerio de Defensa, examinou os problemas alimentarios e achegou datos preocupantes, como o incremento das salmoneloses entre un 5 e un 10% por cada grao de aumento da temperatura media semanal, feitos que deben convidar á reflexión e á formulación de estratexias conxuntas. O Dr. Diodoro Batalla, da Academia Mexicana, centrou a súa intervención en tres enfermidades: a influenza aviaria, a miase do verme barrenador e a rabia, nas que o papel do veterinario resulta determinante para o control. A segunda sesión científica rematou coa Dra. Guadalupe Sabio, do CNIO e académica da RACVE, quen falou sobre os avances na investigación translacional, repasando os modelos de investigación, as súas implicacións científicas e éticas e os modelos futuros a desenvolver.

A terceira sesión dedicouse á análise da “Percepción social das Academias de Ciencias Veterinarias: Como se pode mellorar?”. Interviñeron os doutores Tamargo Menéndez (RACVE), Oropesa Cáceres (RASCVET), Villatoro Jiménez (RACVAO), Calvo Torras (ACVC) e Gaudioso Lacasa (ACVCL). Púxose de manifesto a diversa e prexudicial maraña de dependencia administrativa dos veterinarios e a descoordinación entre diferentes organismos. Destacouse a debilidade financeira das Academias de Veterinaria, o escaso coñecemento que a sociedade ten das funcións reais dos veterinarios e o limitado recoñecemento social da profesión.

Na cuarta e última sesión interviñeron os doutores Téllez e Reyes Retana, Arvizu Tovar e Paasch Martínez, da Academia Mexicana, e o doutor Serrano Vega, da Academia Colombiana, sobre diferentes vertentes do papel do veterinario, como os animais na cultura mexicana, o peritaxe en Veterinaria, a patoloxía aviaria, o desenvolvemento das ciencias biomédicas e o uso da fitoterapia nos animais de produción.

O último acto desta Conferencia foi a lectura das conclusións polo Secretario Xeral da RACVE, Dr. Aparicio Tovar, e a clausura a cargo do Presidente, Dr. Jiménez Pérez.