SESIÓN INAUGURAL DO CURSO ACADÉMICO 2024/2025.FONTEFIZ.12.04.2025

O 12 de abril de 2024, no Pazo de Fontefiz, sede da ACVG, foi inaugurado o curso académico 2024/2025 baixo a Presidencia do Dr. Antonio Crespo Iglesias.

Abriu a solemne sesión o presidente cunhas verbas de benvida e presentación, agradecendo a participación nesta sesión do presidente do Inorde, D. Rosendo Luis Fernández Fernández, Dna. Laura López del Castillo, Xefa territorial de Sanidade en Ourense e D. Luis Jorge Álvarez, Xefe territorial de Medio Rural en Ourense.

A continuación deuse lectura da memoria de actividades do curso académico pasado, polo Sr. Secretario da Academia, D. José Ramón Justo Feijóo.

CONFERENCIA INAUGURAL

O Dr. Castor José Rivero Martínez, Académico de número, presentou os asistentes ao poñente da conferencia maxistral, compañeiro de traballo e de academia, Dr. Miguel Fernández, dende as súas etapas que coincidiron no Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia ata a actualidade.

Así pois a conferencia maxistral de inauguración do curso titulada “AS BIOTECNOLOXÍAS REPRODUTIVAS NA CRÍA BOVINA DE GALICIA. UNHA APROXIMACIÓN HISTÓRICA A TRAVÉS DE PERSOEIROS VETERINARIOS”  correu a cargo do  Dr. Miguel Fernández Rodríguez, Director actual da Fundación Centro Tecnolóxico da Carne e Académico de número-fundador da Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia. 

A exposición fixo un percorrido da profesión veterinaria ao longo da historia cunha análise pormenorizada da importancia da tecnoloxía reprodutiva dende o século pasado ata ao momento actual en España e en Galicia en particular, para rematar facendo unha homenaxe o compañeiro, Ex-Director do Centro de Fontefiz e Académico de Honra D. Francisco Yebra, falecido na pandemia pasada, como o pioneiro das tecnoloxías reprodutivas especialmente no gando vacún en España.

A clausura da sesión inaugural correu a cargo do presidente da Academia, que antes de dar por inaugurado o curso, agradeceu a todos os académicos polo labor desenvolvido en pro da institución e animou á participación dos académicos para desenvolver todo tipo de actividades en favor da Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia.

O remate foi servido un viño galego os asistentes nas instalacións do Pazo de Fontefiz.