María Esther Ordóñez Dios,tomou posesión o pasado dia 28 de novembro da cadeira n.º 22 da Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia.
A cerimonia, celebrada no auditorio municipal do seu concello natal, Valga,sendo un gran acontecemento na localidade, coa presencia de compañeiros de profesión,amigos e de compañeiros presidentes das DOP de Galicia, xa que a nova académica e Presidenta da DOP Mel de Galicia.
Presidiu o acto o Presidente da ACVG, Dr. Antonio Crespo Iglesias xunto ao Sr. Alcalde de Valga José María bello Maneiro, que estiveron acompañados por o Director Xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Consellería do Medio Rural, D. José Silvestre Balseiros, o Director do AGACAL, D. Martín Alemparte,o Presidente do Colexio de Veterinarios de Pontevedra e do Colexio Galego de Colexios Veterinarios, D. Luís Nuñez Desirée e de Dna. Natlalia Botana Rey, Directora Territorial de Sanidade en Pontevedra.
O descurso de réplica da ACVG, foi a cargo da Dr.e Académico de Número o D. Alberto Portela Vázquez, que loubou os méritos da recipendiaria e deulle os parabens pola súa nova cadeira na ACVG.
Pechou a sesión o Presidente, Dr. Antonio Crespo Iglesias, que agracedeu a numerrosa presencia de académicos e autoridades presentes e deulle de novo os parabéns a nova académica en nome do toda a ACVG.
Rematado o acto, serviuse un ágape por xentileza da nova académica, a todos os asistentes.