![None [/uploads/cache/83/fd/83fd415c7bf5e45a8aacd55bca1eaab0.jpg]](/uploads/cache/83/fd/83fd415c7bf5e45a8aacd55bca1eaab0.jpg)
A toma de posesión da cadeira de académico correspondente nacional,tivo lugar o día 22 de marzo de 2022, no Pazo de Fontefiz en Coles. Ourense.
O 22 de marzo de 2022, no salón de actos do Pazo de Fontefiz, Coles.Ourense,e con unha gran asistencia de compañeiros, amigos e autoridades que nos acompañaron, Pablo Teijeiro López, presentou o seu discurso de toma de posesión“Zoonoses emerxentes e reemerxentes na fauna silvestre, concepto One Health e Veterinaria: o exemplo da Influenza Aviar Altamente Patóxena”.
A laudatio do novo académico foi feita polo Académico de Número D. Mauricio Alonso Troncoso.