VESPA VELUTINA: UN DEPREDADOR EXÓTICO EN GALICIA. QUÉ NOS DEPARA O FUTURO?


24 de outubro de 2018.

A ACVG, en colaboura coa Deputación de Lugo, organizou unha sesión pública no salón de actos da Excelentísima Deputación de Lugo, coa ponencia a cargo do Académico Correspondente Nacional da ACVG, D. Xesús Feás Sánchez.

 

 



O doutor Xesús Feás abordou nesta sesión,como foi o proceso da chegada deste insecto a Europa informando   sobre a identificación do insecto por parte da comunidade científica e dos riscos que nos enfrontamos cara o futuro.


 
A Vespa velutina, vai a alterar o noso medio ambiente, afectando ós procesos dos ecosistemas e á sociedade europea, razón polas que se fai preciso afrontar de xeito efectivo as dimensións e os conflitos sociais asociados á xestión da invasora vespa velutina, precisa.

Feás defende asemade que a información relativa á vespa velutina sexa correcta, relevante, accesible, efectiva e que estea baseada na evidencia científica e non na ‘pseudociencia’. Neta liña e tamén en harmonía coas recomendacións da UE, que demanda investigación e difusión de todo o coñecemento científico relacionado coa apicultura, a Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia promove a organización desta actividade científica, unha sesión que contará entre o público asistente coa presenza do presidente da Académica de Ciencias Veterinarias de Galicia, así como doutros académicos e investigadores da USC.

Nova extractada da USC https://xornal.usc.es/xornal/acontece/2018_10/noticia_0161.html