Patrocinio Morrondo dedicou a súa vida á docencia e máis concretamente á rama de ciencias veterinarias e biolóxicas, sendo actualmente catedrática de Sanidade Animal na Facultade de Veterinaria da Universidade de Santiago de Compostela. Os coñecementos de Morrondo sobre o sistema docente en España granxeáronlle a confianza mesmo do propio Goberno, nomeándoa membro do Comité Asesor sobre Infraestruturas Únicas. Ademais, a nivel rexional, foi durante varios mandatos presidenta da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia. Todo iso dá unha imaxe do gran recoñecemento do que goza Morrondo no ámbito académico a nivel nacional, converténdose, sen dúbida, nunha das españolas referentes e máis relevantes do sistema universitario español.
TRAXECTORIA PROFESIONAL
Patrocinio Morrondo é licenciada en Veterinaria e Ciencias Biolóxicas, e tamén diplomada polo Colexio Europeo de Parasitología Veterinaria. Actualmente é catedrática da área de Sanidade Animal na Facultade de Veterinaria de Lugo.
Ao longo da súa dilatada carreira, Morrondo foi, durante varios mandatos, presidenta da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG). Tamén foi avaliadora da Axencia Nacional de Avaliación e Acreditación (ANECA), do Ministerio de Educación, Ciencia e Innovación, así como avaliadora de revistas científicas indexadas.
A todo iso hai que sumarlle que Morrondo foi elixida a finais do ano 2019 membro do Comité Asesor sobre Infraestruturas Únicas (CAIS) do Comité Executivo do Consello de Política Científica, Tecnolóxica e de Innovación do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
Diego Conde Gómez, doutor en Veterinaria e investigador en Historia da Veterinaria, tomou posesión esta tarde do cadeira nº 23 de académico correspondente nacional da Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia nun acto celebrado no Salón Nobre do Pazo de Fonseca en Santiago de Compostela.
María Esther Ordóñez Dios, Veterinaria pola USC (2002), e na actualidade Administradora(2006-actualidade) e Veterinaria da Agrupación Apícola de Galicia(2004-actualidade) e Presidenta do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia(2008-actualidade).
Azucena Mora, tomou posesión a pasada semana da cadeira n.º 21 da Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia.
A cerimonia, celebrada no salón de actos da Deputación Provincial de Lugo, coincidiu coas vésperas do Día One Health, que se conmemora o 3 de novembro, e precedeu á Semana de Concienciación sobre a Resistencia aos Antimicrobianos.
O descurso de réplica da ACVG, foi a cargo da Dra.e Acadámica de Número Dna.Cristina Castillo, que loubou os méritos da Dra.Azucena Mora e deulle os parabens pola súa nova cadeira na ACVG.
Pechou a sesión o Presidente, Dr. Antonio Crespo Iglesias, que agracedeu a numerrosa presencia de académicos e autoridades presentes e deulle de novo os parabéns a nova académica en nome do toda a ACVG.
Rematado o acto, serviuse un ágape por xentileza da nova académica, a todos os asistentes.
Rodrigo Muiño Otero tomou posesión da cadeira nº 22 de Académico de Número da Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia, nun acto celebrado na Facultade de Veterinaria de Lugo.
O descurso de réplica da ACVG, foi a cargo da Dra.e Acadámica de Número Dna.Cristina Castillo, que loubou os méritos do Dr. Muíño e deulle os parabens pola súa nova cadeira na ACVG.
Pechou a sesión o Presidente, Dr. Antonio Crespo Iglesias, que agracedeu a numerrosa presencia de académicos e autoridades presentes e deulle de novo os parabéns o novo académico en nome do toda a ACVG.
Rematado o acto, serviuse un ágape por xentileza do novo académico, a todos os asistentes.